#SOMOSCULTURA nace para dar resposta a unha situación límite como é a do idioma galego na xente nova. O escaso uso e consumo de contido na nosa lingua achégase a cifras moi alarmantes, un claro exemplo e nos grupos de idades máis tempranas, só o 24 % dos adolescentes en Galicia comprende e emprega o galego no seu día a día con facilidade.

Actualmente en Galicia a forma máis común de coñecer e aprender o galego é a través da herencia xeracional, de pais a fillos. Se a situación continúa con esta tendencia os adolescentes de agora, pais nun futuro, non serán capaces de transmitir o galego e acabará por ser un idioma esquecido.

Nesta plataforma atoparás todo o contido en galego das principais redes sociais, dende streamers de twitch ata grupos que descoñecías. Xuntar a todos os creadores de contido nun único lugar non é tarefa sinxela, por eso precisamos da vosa colaboración. Tendes habilitada unha opción no menú principal para que vos podades unir, ben como creadores ou coma subscritores. Necesitamos da vosa axuda para poder facer máis grande a plataforma e así ofrecer ós novos usuarios a maior cantidade de opcións posibles.

  • STREAMERS
  • PODCASTS
  • MÚSICA
  • NOTICIAS
  • YOUTUBERS
  • INFLUENCERS

Canta xente coñecedes que non serían capaces de decirvos 5 grupos de música en galego? Cantos youtubers galegos coñecedes? Escoitamos música en inglés, francés, italiano… pero canta escoitamos en galego?

Se xa es consumidor deste contido animamoste a compartir a plataforma cos teus achegados e se é a primeira vez que pretendes consumir contido en galego só temos unha cousa que dicir… COMEZA XA!