#SOMOSCULTURAGAL é unha plataforma online onde poderás atopar todo o contido en galego das principais redes sociais. Creadores de contido, streamers, podcasts, música ou información. Todo, nun único espazo.
Despois da realización dun programa onde amosamos as dificultades do sector cultural en Galicia, quixemos ir máis lonxe. Estudando os datos do uso da lingua galega na xente nova, decatámonos dun claro déficit no consumo de contido en galego. Co obxectivo de axudar ós creadores dándolles visibilidade e o de dar máis facilidade ós usuarios agrupando todo o contido nun só lugar, nace #SOMOSCULTURAGAL
Claro! Nestes momentos temos activa a opción “SUBSCRITORES” no menú “ÚNETE”. Completando o formulario recibirás notificacións do novo contido da web. Tamén podes seguirnos nas nosas redes e compartir as publicacións!
#SOMOSCULTURA nace para dar resposta a unha situación límite como é a do idioma galego na xente nova. O escaso uso e consumo de contido na nosa lingua achégase a…